Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 30 de novembro de 2016 Páx. 53166

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cee

ANUNCIO de aprobación inicial de estudo de detalle.

Aprobado inicialmente, con data do 31 de maio de 2016, o estudo de detalle redactado polo arquitecto Manuel Ángel Marcote Escariz, por iniciativa dos promotores Beatriz Figueroa Sar, con DNI 46900571Y, e Héctor Martínez Chans, con DNI 46911735S, referente a unha parcela situada no lugar de Xallas deste concello, con referencia catastral 4584227MH8548S0001RU, co obxecto de reaxustar as aliñacións e rasantes no ámbito de aplicación pola presenza na parcela referida dunhas servidumes que non recolle o planeamento en vigor (NN.SS.).

En cumprimento da Resolución da Alcaldía 763/2016, do 9 de novembro, de rectificación de erros, sométese o expediente á información pública polo prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Cee, 9 de novembro de 2016

Ramón Vigo Sambade
Alcalde