Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 30 de novembro de 2016 Páx. 53173

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de licitación do procedemento aberto, con multiplicidade de criterios de adxudicación, para a contratación do seguro de asistencia sanitaria para o persoal desta deputación.

No perfil do contratante publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación, mediante procedemento aberto, do seguro de asistencia sanitaria para o persoal da Deputación Provincial de Ourense, cun tipo de licitación de 509.967,36 euros (IVE e demais tributos incluídos) para toda a duración do contrato (catro anos), a razón de 127.491,84 euros/ano. As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do día 10 de xaneiro de 2017, no rexistro da Deputación Provincial de Ourense ou por correo. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XIII do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no prego de condicións ao cal poderá accederse gratuitamente a través do perfil do contratante na web da Deputación
www.depourense.es. As solicitudes de información poderán formularse telefonicamente 988 31 75 40 perante o Servizo de Contratación.

Sen prexuízo de calquera outro recurso que se considere procedente, o prego de condicións, os anuncios de licitación e os demais documentos contractuais que establezan as condicións que teñan que rexer a licitación, serán susceptibles de recurso especial en materia de contratación ante o Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuais no prazo de quince días hábiles e, alternativamente, de recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense no prazo de dous meses, contados ambos os prazos desde o día seguinte ao da publicación dos anuncios de licitación ou, se é o caso, da última publicación (se non son simultáneos).

Ourense, 17 de novembro de 2016

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense