Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 30 de novembro de 2016 Páx. 53145

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 15 de novembro de 2016, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-PO-0354/2016-PRE e un máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución dos expedientes PSC-PO-0354/2016-PRE e PSC-PO-0428/2016-COP.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 4º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderá a persoa interesada interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Mar no prazo dun mes, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que considere pertinente.

Vigo, 15 de novembro de 2016

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Expediente: PSC-PO-0354/2016-PRE.

Persoa interesada: Ricardo João da Silva Rodígues.

NIF: 11910398.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: r/ Dos Afonsos, nº 84, 1º D, Baguim do Monte, Gondomar (Portugal).

Expediente: PSC-PO-0428/2016-COP.

Persoa interesada: Hugo Uhía Sueiro.

NIF: 77400085W.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: avda. Pontevedra, nº 10, 4º, Sanxenxo.