Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 30 de novembro de 2016 Páx. 53102

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 14 de novembro de 2016, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai pública a declaración ambiental estratéxica correspondente ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica ordinaria do Plan de xestión de residuos industriais 2016-2022, promovido por esta secretaría xeral (expediente 2015AAE1841, código 1758/2016).

Faise pública a Resolución do 11 de novembro de 2016 pola que se formula a declaración ambiental estratéxica correspondente ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica ordinaria do Plan de xestión de residuos industriais 2016-2022, promovido pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, en cumprimento do disposto na devandita resolución.

A integración do proceso de avaliación ambiental estratéxica ordinaria no procedemento de elaboración e aprobación do programa está prevista na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

A declaración ambiental estratéxica pódese consultar no seguinte enderezo da internet: http://www.cmati.xunta.es/busca-por-palabra-clave

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2016

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental