Como consecuencia da corrección de erros no prego de prescricións técnicas para a referida contratación, anunciada mediante a Resolución do 3 de novembro de 2016 (data de envío ao DOUE), e publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 213, do 9 de novembro de 2016, procédese a:
Primeiro. Facer público o contido da corrección de erros no seguinte enderezo:
http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=75786
Segundo. Esta corrección afecta o prazo de presentación de ofertas recollido no punto 8 da dita resolución.
Data do envío do anuncio de información adicional ou rectificador ao Diario Oficial de la Unión Europea: 24.11.2016.
A data límite de obtención de documentación e información e da presentación de ofertas remata o 3 de xaneiro de 2017.
Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2016
Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia