Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 29 de novembro de 2016 Páx. 53021

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 14 de novembro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente RP-0088/2016-CO-INC.

De conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia. É tamén de aplicación o artigo 44 desta lei, segundo o cal esta notificación ten que ser feita no BOE, e a data de publicación neste será a que determine a eficacia do acto notificado.

O acto foi adoptado polo xefe territorial da Coruña.

A comparecencia deberase efectuar, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, Edificio Administrativo Monelos, 3º andar, ala sur (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao desta publicación.

A Coruña, 14 de novembro de 2016

Manuel Rodríguez Vázquez
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: RP-0088/2016-CO-INC.

Interesado: José Ramón Rodríguez Lorenzo.

Acto de notificación: admisión a trámite.