Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 29 de novembro de 2016 Páx. 53012

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 2016 pola que se fai pública a formalización do contrato de reforma da instalación de fontanaría na Residencia de Maiores das Gándaras (Lugo) (fase I), cofinanciado co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (obxectivo temático 04, denominado: Favorecer a transición a unha economía baixa en carbono en todos os sectores). Contratación documentalmente simplificada.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica-Servizo de Obras.

c) Número de expediente: 43/2016.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=68190

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: obra.

b) Descrición do obxecto: reforma da instalación de fontanaría na Residencia de Maiores das Gándaras (Lugo) (fase I), cofinanciado co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. Obxectivo temático 4 «Favorecer a transición a unha economía baixa en carbono en todos os sectores», prioridade de investimento 3, obxectivo específico 4.3.1 «Mellorar a eficiencia enerxética e redución de emisións de CO2 na edificación e nas infraestruturas e servizos públicos», actuación 1.

(CPA: 43.22.11), (CPV: 45330000-9).

c) División por lotes: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: negociado sen publicidade.

4. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 159.039,57 €. IVE: 33.398,31 €. Importe total: 192.437,88 €.

5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 23 de setembro de 2016.

b) Data de formalización do contrato: 5 de outubro de 2016.

c) Contratista: Prosema Noroeste, S.L.

d) Importe de adxudicación:

Importe neto: 135.000,00 €. IVE: 28.350,00 €. Importe total: 163.350,00 €.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2016

O conselleiro de Política Social
P.D. (Artigo 1 da Orde do 3.3.2016)
Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Política Social