Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 29 de novembro de 2016 Páx. 52992

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se fai pública a inscrición da disolución efectuada en virtude do auto xudicial da entidade A Muíña, Sociedade Cooperativa Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 87.3 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, e no 62.4 do Regulamento do Rexistro de Cooperativas de Galicia, aprobado polo Decreto 430/2001, do 18 de decembro, faise público que esta xefatura territorial resolveu inscribir a disolución da entidade A Muíña, Sociedade Cooperativa Galega, practicada en virtude do mandamento do Xulgado do Mercantil número 1 da Coruña do 5 de xullo de 2016, recaído no procedemento de concurso abreviado sección y liquidación 0000406/2016 sobre concursos voluntarios, polo que se declara a apertura da fase de liquidación e a disolución da cooperativa.

A Coruña, 8 de novembro de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña