Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 29 de novembro de 2016 Páx. 53004

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 14 de novembro de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución da desistencia da subvención regulada na Orde do 29 de decembro de 2015 (Diario Oficial de Galicia número 248, do 30 de decembro), relativa ao expediente TR349I 2016/021-5.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), intentada a notificación no último domicilio coñecido do interesado sen que se puidese practicar, notifícase á empresa citada no anexo para que no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado compareza persoalmente ou debidamente representada na sede do Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Pontevedra; rúa Concepción Arenal, 8, 2º, Vigo (das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres) para ter coñecemento do contido daquela, e advírtese de que, de non o facer así, se considerará notificada cos efectos que correspondan.

Esta resolución que pon fin á vía administrativa e contra ela a interesada pode interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contarse a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa. Así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 14 de novembro de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Número de expediente: TR349I 2016/021-5.

Nome: Cooperativa de Transportes Transmarín, S. Coop.

CIF/NIF: F36311975.

Último enderezo coñecido: rúa Salvador Moreno, 10, 36900 Marín.

Tipo de axuda: incentivos á contratación indefinida inicial de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil.

Contido da resolución: declarar a desistencia da súa solicitude.

Data da resolución: 14 de xullo de 2016.