Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 29 de novembro de 2016 Páx. 52972

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 4 de novembro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello da Coruña (expediente IN407A 2016/2976-1).

Expediente: IN407A 2016/2976-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: LMTS 15 kV na rúa Concepción Arenal, polígono H8.03 Fábrica de Tabaco.

Concello: A Coruña.

Características técnicas:

Liña de media tensión soterrada, a 15 kV, cunha lonxitude de 79 m, con orixe en empalme en LMTS EPU708B entre os centros 15CAB4 (expte. 11.144) e 15SCA3 (expte. 31.131), condutor tipo RHZ1-20L 12/20 kV 1×240 mm2 Al, e final na mesma liña unha vez que entre e saia no novo CS, que instalará o cliente.

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 4 de novembro de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña