Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 29 de novembro de 2016 Páx. 52934

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 21 de novembro de 2016, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se comunica a publicación das puntuacións provisionais e a relación de excluídos provisionais do corpo de profesores técnicos de formación profesional nas especialidades de Patronaxe e Confección (591217) e Servizos de Restauración (591226) (Diario Oficial de Galicia do 10 de outubro).

Unha vez finalizado o prazo para presentar a solicitude e realizada a baremación dos méritos nas especialidades de Patronaxe e Confección (591217) e Servizos de Restauración (591226), publícanse as puntuacións provisionais e a relación de excluídos provisionais na páxina web desta consellería.

En consecuencia, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Facer públicas na páxina web desta consellería (http://www.edu.xunta.es) as puntuacións provisionais e a relación de excluídos provisionais do baremo para prazas de interinidades e substitucións para impartir docencia nas especialidades de Patronaxe e Confección (591217) e Servizos de Restauración (591226).

Segundo. Contra estas puntuacións provisionais e relación de excluídos provisionais poderá interporse reclamación no prazo de cinco (5) días naturais, a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, ante o director xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2016

José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos