Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 28 de novembro de 2016 Páx. 52885

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial do estudo de detalle para a ampliación das instalacións do Coruña British School.

A Xunta de Goberno Local, na sesión que tivo lugar o 11 de outubro de 2016, acordou aprobar inicialmente o documento do estudo de detalle de ordenación de volumes para a ampliación das instalacións do Coruña British School, sito na rúa Roma, 1, no lugar da Zapateira, A Coruña, presentado con data do 10 de marzo de 2016 pola entidade O Castro British School A Coruña, S.L. (expediente 631/2016/46).

En cumprimento do artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o expediente sométese a información pública polo prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da última das publicacións deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión na provincia, para que calquera interesado poida consultalo e formular, de ser o caso, as alegacións que considere oportunas.

A documentación do estudo de detalle pódese consultar no Departamento de Planeamento da Área de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda (praza Indalecio Prieto, 1-3), en horario laboral de luns a venres, ou na páxina web do concello:
www.coruna.es/urbanismo, na epígrafe Exposición pública de expedientes.

A Coruña, 25 de outubro de 2016

O alcalde
P.D. (Decreto do 15.6.2015)
Xiao Varela Gómez
Tenente alcalde da Área de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda