Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 28 de novembro de 2016 Páx. 52831

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (63/2013).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 63/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Antonio Olveira Bretal contra Servimar Norte, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, se ditou sentenza o 28 de outubro de 2016, cuxa resolución é do teor literal seguinte:

«Decido que debo estimar a demanda presentada por instancia de Juan Antonio Olveira Bretal, asistido e representado pola letrada Sra. Cancela Regueiro, contra a entidade Servimar Norte, S.L. e o Fogasa, que non comparecen malia estaren debidamente citados, sobre reclamación de cantidade, e debo condenar a demandada ao aboamento ao demandante 551,53 euros de indemnización por fin de contrato, máis os xuros do artigo 1.108 do CC, calculados desde a data da extinción da relación laboral ata a data da presente resolución, e 2.192,59 euros de salarios (xullo de 2011 e pagas extra de 2011) e diferenzas de convenio no período de xaneiro a xuño de 2011, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre a devandita cantidade e, en todo caso, os do artigo 576 da LAC desde a data da presente resolución.

Debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese ás partes a presente resolución, facéndolles saber que fronte a ela non cabe interpoñer recurso de suplicación.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Servimar Norte, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste órgano xudicial.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza