Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 28 de novembro de 2016 Páx. 52903

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 2016 pola que se fai pública a formalización duns contratos.

Para os efectos dispostos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, a Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar acordou publicar a formalización dos seguintes contratos:

– Nº expediente: CGSIB/004/16/SU/EI.

Tipo de procedemento: procedemento aberto multicriterio.

Denominación do concurso público: subministración de mobiliario e material didáctico para a Escola Infantil do Grove (5 unidades).

Importe de adxudicación, IVE incluído: 30.534,74 €.

Adxudicataria: Suministros Técnicos de Galicia, S.L. (Sutega).

Data de formalización do contrato: 2.11.2016.

Vantaxes da oferta da adxudicataria: oferta técnica adaptada ao exixido nos pregos reitores da licitación e oferta económica máis competitiva.

– Nº expediente: CGSIB/006/16/SU/EI.

Tipo de procedemento: procedemento aberto multicriterio.

Denominación do concurso público: subministración para a reposición de mobiliario e material didáctico para as escolas infantís xestionadas polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e integradas na Rede de Escolas Infantís de Galicia.

Importe de adxudicación, IVE incluído: 46.621,30 €.

Adxudicataria: Tangram Materiales y Juegos Didácticos, S.L.

Data de formalización do contrato: 8.11.2016.

Vantaxes da oferta da adxudicataria: oferta técnica adaptada ao exixido nos pregos reitores da licitación e oferta económica máis competitiva.

– Nº expediente: CGSIB/007/16/SU/EI.

Tipo de procedemento: procedemento aberto multicriterio.

Denominación do concurso público: subministración de material funxible para as Escolas Infantís xestionadas polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e integradas na Rede de Escolas Infantís de Galicia.

Importe de adxudicación, IVE incluído: 45.993,14 €.

Adxudicataria: Paipel-Or, S.L.

Data de formalización do contrato: 8.11.2016.

Vantaxes da oferta da adxudicataria: mellor oferta técnica de todas as presentadas e oferta económica moi competitiva.

Para máis información, consultar a páxina web www.igualdadebenestar.org, no punto perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2016

Perfecto Rodríguez Muíños
Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar