Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 28 de novembro de 2016 Páx. 52811

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Terceira)

EDICTO (166/2015).

Manuel Rubido de la Torre, secretario xudicial, polo presente edicto fai constar que na Sección Terceira da Audiencia Provincial de Pontevedra, se tramita recurso de apelación (LACN) 166/2015 (dimanante de procedemento ordinario número 369/2013 do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Cambados), en que é apelante Comunidade de Propietarios Edificio Galbán e apelados Eva Serén Charlín, Xosé Xoan Martínez Costa, Construcciones Núñez Portas e Gestión Industrial de Cambados, S.L., nos cales o 14 de xuño de 2016 se ditou sentenza, cuxo texto íntegro se encontra na oficina xudicial desta Sección Terceira sita en Pontevedra, rúa Rosalía de Castro, nº 5, 2, a disposición das partes.

Para que conste e sirva de notificación a Gestión Industrial de Cambados, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto.

Pontevedra, 24 de outubro de 2016

O letrado da Administración de xustiza