Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 28 de novembro de 2016 Páx. 52869

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se fai pública a formalización do contrato relativo á prestación sucesiva, por prezos unitarios, de servizos formativos para impartir ensinanzas especializadas na obtención de titulacións profesionais náutico-pesqueiras e certificados de especialidade, procedemento cofinanciado pola Unión Europea-Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) nun 75 % (eixe/medida 1.6.1) (expediente 17/2016).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, do texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería do Mar.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

Descrición do obxecto: a prestación sucesiva, por prezos unitarios, de servizos formativos para impartir ensinanzas especializadas na obtención de titulacións profesionais náutico-pesqueiras e certificados de especialidade.

b) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=44849

c) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOUE do 2 de xullo, BOE do 12 de xullo e DOG nº 139, do 22 de xullo de 2016.

d) División por lotes e número: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto, suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento de licitación.

Importe neto: 802.850 €, exento de IVE.

Valor estimado: 802.850 €.

5. Financiamento: cofinanciado pola Unión Europea-Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) nun 75 % (eixe/medida 1.6.1).

6. Adxudicación e formalización do contrato.

a) Data da resolución da adxudicación: 23 de setembro de 2016.

b) Adxudicataria: UTE Centro de Estudios de Formación Alfer, S.L.-Centro de Formación Ica, S.L.-Escuela Canaria de Navegación y Seguridad Marítima, S.L.

c) Importe: 802.850 euros (exento de IVE).

d) Data de formalización do contrato: 27 de outubro de 2016.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: resultou ser a oferta economicamente máis vantaxosa para a Administración, de acordo cos criterios de adxudicación do prego de cláusulas administrativas particulares.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2016

María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar