Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 28 de novembro de 2016 Páx. 52848

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se ordena a publicación no Diario Oficial de Galicia do depósito dos estatutos da Asociación Teletaxi-Vilagarcía.

En cumprimento do disposto no artigo 4.2 do Decreto 406/2009, do 22 de outubro, polo que se crea o Rexistro de Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia, faise público que no Servizo de Economía, Emprego e Industria da Xefatura Territorial de Pontevedra están depositados os estatutos da Asociación Teletaxi-Vilagarcía, da cal se fan as seguintes indicacións:

Ámbito territorial: Pontevedra (concello de Vilagarcía de Arousa).

Especialidade subxectiva e de obxectivos: defender os intereses profesionais dos seus asociados respectando os principios democráticos, sen distinción de sexo, raza, opinións políticas ou relixiosas e procurando a colaboración entre os seus socios.

Ámbito funcional: poderán ser integrantes da asociación todas aquelas persoas que sexan titulares ou asalariadas dunha licenza municipal para vehículos de autotaxi no municipio de Vilagarcía de Arousa que estean incluídas no ámbito de aplicación do artigo 1 da Lei 20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto do traballo autónomo, dentro do ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

Asinantes da acta de constitución: Javier Fernández Olivares e outros.

Pontevedra, 14 de novembro de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra