Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 28 de novembro de 2016 Páx. 52841

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 21 de outubro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Teo (expediente IN407A 2016/2411-1).

Expediente: IN407A 2016/2411-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: cambio de sección túnel Vilar Francos-Ponte Espiño.

Concello: Teo.

Características técnicas:

Reforma da liña eléctrica de media tensión aérea PAD806 entre apoios nº 69-11 e nº 69-20 (actuación nº 1), a 20 kV, cunha lonxitude de 842 m, coa orixe no apoio nº 69-11 existente da LMTA PAD806, condutor tipo LA-110 mm2 e final no apoio nº 69-20 proxectado da LMTA PAD806.

Reforma da liña eléctrica de media tensión aérea PAD806 entre apoios nº 69-16 e nº 69-16-1 (actuación nº 2), a 20 kV, cunha lonxitude de 7 m, coa orixe no apoio nº 69-16 proxectado da LMTA PAD806, condutor tipo LA-56 mm2 e final no apoio nº 69-16-1 proxectado na LMT a CT Vilar.

Liña eléctrica de media tensión subterránea (actuación nº 1), a 20 kV, cunha lonxitude de 25 m, coa orixe no apoio nº 69-16-1 proxectado na LMT a CT Vilar, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×400 mm2 Al e final no CT Vilar de Abaixo 15CSS6.

Liña eléctrica de media tensión subterránea (actuación nº 2), a 20 kV, cunha lonxitude de 510 m, coa orixe no apoio nº 69-20 proxectado na LMT PAD806, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al e final no apoio 69-23 existente na LMT PAD806.

Lexislación de aplicación:

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figuran no anexo que se acompaña a este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte (20) días, a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

Así mesmo, para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar, a notificación farase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 21 de outubro de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2016/2411-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: cambio de sección túnel Vilar Francos-Ponte Espiño.

Concello: Teo.

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Predio

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos

Apoio

Afeccións

m2

ml aéreo

m2 aéreo

2

Solláns

Labradío

María Gloria Blanco Sánchez

15 (1/2)

1,0

3

Solláns

Labradío

María Cardoso Balado

15 (1/2) e 16 (1/2)

2,0

4

Solláns

Labradío

Hros. José Castro García

16 (1/2), 16-1 e paso aerosubterráneo

10,0

6,87

70,0

5

Solláns

Prado

María Luisa Paranjón Buján

17 (1/2)

1,0

6

Pedras da Veiga

Monte alto

María Luisa Paranjón Buján

17 (1/2)

1,0

7

Pedras da Veiga

Monte alto

Manuela Vázquez Patrón

18

2,0

8

Pedras da Veiga

Monte alto

María Carmen Villar Vázquez

19 (1/2)

1,0

9

Pedras da Veiga

Monte alto

Manuel Castro Vázquez

19 (1/2)

1,0

ml aéreo: metros lineais aéreos.

m² aéreo: metros cadrados aéreos.