Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 25 de novembro de 2016 Páx. 52691

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 203/2014 CIT).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data no proceso seguido por instancia de María Pilar Cereijo Neira contra Atlántica de Congresos, S.L., Gespalia, S.L., UTE Halcón Viajes, S.A. –Viajes Fisterra, S.L.– Monfobus, S.L., Fogasa, Monfobus, S.L., Halcón Viajes, S.A., Viajes Fisterra, S.L., Concurlex Abogados, S.L.P., Francisco Álvarez Serrano, en reclamación por ordinario, rexistrado co número de procedemento ordinario 203/2014, se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar a Atlántica de Congresos, S.L. e Gespalia, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 30 de xaneiro de 2017 ás 11.30 horas, na planta baixa, sala 1, edificio rúa Berlín, para a realización dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo. Poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida estar este representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que lle sirva de citación a Atlántica de Congresos, S.L., Gespalia, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza