Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 25 de novembro de 2016 Páx. 52711

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 31 de outubro de 2016, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai público o informe ambiental estratéxico do Plan especial de infraestruturas da estrada DP 2204-As Pontigas, no concello de Cedeira (expediente 2016AAE1934, código 1840/2016).

De acordo co previsto na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise público o informe ambiental estratéxico do 28 de outubro de 2016, sobre o Plan especial de infraestruturas da estrada DP 2204-As Pontigas, no concello de Cedeira.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet: http://cmaot.xunta.gal/busca-por-palabra-clave

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2016

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental