Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 24 de novembro de 2016 Páx. 52631

VI. Anuncios

b) Administración local

Instituto Municipal Coruña Espectáculos

ANUNCIO de licitación do servizo de cafetaría-ambigú no Fórum Metropolitano.

1. Entidade organizadora: Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE).

2. Obxecto do contrato: prestación do servizo de cafetería-ambigú no Fórum Metropolitano.

3. Prezo do contrato: canon anual: 2.420 € anuais, IVE incluído, cuxa base impoñible ascende a 2.000 € e 420 € ao IVE correspondente (véxase o prego de cláusulas administrativas particulares).

4. Duración do contrato: dous anos desde a data da súa formalización, prorrogable antes da súa finalización, por mutuo acordo entre o IMCE e o contratista, por anos ata un máximo de catro, incluído o período inicial e prórrogas.

5. Tramitación: ordinaria.

6. Procedemento: aberto.

7. Garantía provisional: non se exixe.

8. Garantía definitiva: 10 % do importe de adxudicación (IVE excluído).

9. Obtención de documentación e información: oficinas do IMCE, sitas na avenida A Mariña, 18 (edificio Casa Paredes), 15001 A Coruña. Perfil do contratante www.coruna.es. Enderezo de correo electrónico: a.canosa@coruna.es

10. Clasificación: non se exixe. Solvencia: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Criterios de adxudicación: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Presentación de proposicións: prazo de 30 días naturais desde o seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia ou no Boletín Oficial da provincia da Coruña, segundo cal sexa o último en que se publique, finaliza ás 14.00 horas. No suposto de resultar sábado ou festivo o día de finalización do prazo, prorrogarase automaticamente ao día hábil seguinte.

Documentación que deben presentar: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación: Rexistro do IMCE, avenida A Mariña, 18 (edificio Casa Paredes), 15001 A Coruña (véxase o prego de cláusulas administrativas particulares).

13. Apertura de ofertas económicas: lugar e día que se sinale no perfil de contratante www.coruna.es

14. Outras informacións: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

A Coruña, 26 de outubro de 2016

O presidente do Instituto Municipal Coruña Espectáculos
P.D. (Decreto do 22.6.2015)
José Manuel Sande García
Vicepresidente do Instituto Municipal Coruña Espectáculos