Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 24 de novembro de 2016 Páx. 52575

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

RESOLUCIÓN do 13 de outubro de 2016, do Servizo de Mobilidade de Pontevedra, pola que se somete a trámite de información pública o expediente de reestruturación do contrato de xestión de servizo público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-0448; XG-026, Cambados-Pontevedra, con anexos, de Empresa Cuíña, S.L.

Ao abeiro do establecido na Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, e no seu regulamento de execución, aprobado polo Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, iniciouse o expediente de reestruturación do contrato de xestión de servizo público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-0448; XG-026, Cambados-Pontevedra, con anexos.

Os interesados ou afectados no expediente poderán comparecer no procedemento e, tras o exame da documentación pertinente no Servizo de Mobilidade de Pontevedra (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, avenida Fernández Ladreda, nº 43, 1º andar), efectuar as alegacións que coiden oportunas no prazo de quince (15) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Dentro dese mesmo prazo poderase acceder á documentación en soporte electrónico mediante a súa solicitude no enderezo: mobilidade.pontevedra@xunta.es

Pontevedra, 13 de outubro de 2016

José Jorge Martínez Fernández
Xefe do Servizo de Mobilidade de Pontevedra