Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 24 de novembro de 2016 Páx. 52562

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (473/2015).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que por Resolución do día 2 de novembro de 2016, no proceso seguido por instancia de Ana María Beceiro Sande contra Julián Rus Cañibano, S.L., rexistrado co número DSP 473/2015, se acordou notificar a parte dispositiva do Decreto do 2 de novembro de 2016, ditado no procedemento, a Julián Rus Cañibano,S.L., en ignorado paradoiro.

«Parte dispositiva:

Acordo considerar que a parte demandante desiste da súa demanda, o sobresemento das presentes actuacións e o arquivamento dos autos.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos e déixese testemuño no procedemento correspondente.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento».

E para que sirva de notificación a Julián Rus Cañibano, S.L., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza