Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 23 de novembro de 2016 Páx. 52268

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 11 de novembro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, de proposta de resolución do expediente SAI IN 635C 2016/66-1 e un máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, as notificacións que non poidan practicarse faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), quedando supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior e despois de tentada a notificación persoal no último domicilio coñecido aos interesados que se sinalan no anexo, a continuación publícase este anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, infórmanse os interesados que os expedientes se atopan á súa disposición, para coñecer o contido íntegro do acto, nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 1º andar (Servizo de Administración Industrial), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A Coruña, 11 de novembro de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: SAI IN 635C 2016/66-1.

Interesada: Autobox Castilla 130, S.L.

CIF: B70358632.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Concello: Narón.

Expediente: SAI IN 635C 2016/40-1.

Interesada: Ponpre, S.A.

CIF: A15204720.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Concello: Ordes.