Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 23 de novembro de 2016 Páx. 52247

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se emprazan as persoas interesadas no procedemento ordinario 4276/2015, interposto contra a Orde do 28 de xullo de 2015 de aprobación definitiva parcial do Plan xeral de ordenación municipal de Coristanco.

Para os efectos de cumprir o solicitado pola Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sección Segunda), no oficio do 20 de outubro de 2016, en que se lles solicita o emprazamento ás persoas interesadas no procedemento ordinario número 4276/2015, interposto por Aurelio Sánchez Seoane e Isabel Muñiz Sánchez, contra a Orde do 28 de xullo de 2015 de aprobación definitiva parcial do Plan xeral de ordenación municipal de Coristanco. Esta secretaría xeral técnica acorda nesta data, e de conformidade co artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, o emprazamento a Elvira Pena Nogueira como persoa interesada, para que poida comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de nove (9) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2016

María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio
Ambiente e Ordenación do Territorio