Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 23 de novembro de 2016 Páx. 52301

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se anuncia a licitación para a contratación da subministración dun equipo radiocirúrxico destinado a esta xerencia.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Económicos. Sección de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Sección de Contratación Administrativa.

2º. Domicilio: Casetas de Administración. Planta baixa. Rúa Ramón Puga, 52-54.

3º. Localidade e código postal: Ourense, 32005.

4º. Telefono: 988 38 59 50.

5º. Fax: 881 54 70 69.

6º. Correo electrónico: contratacion.chou@sergas.es

7º. Enderezo da internet do perfil de contratante: www.sergas.es

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata as 14.00 horas do último día de presentación de proposicións.

d) Número do expediente: AB-EIO1-16-023.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministro.

b) Descrición: subministración dun equipo radiocirúrxico destinado á EOXI de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: ver punto 2.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Lugar de execución/entrega: ver punto 8.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo de execución/entrega: ver punto 2.5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

f) Admisión de prórroga: non.

g) Establecemento dun acordo marco: non.

h) Sistema dinámico de adquisición: non.

i) CPV (referencia de nomenclatura): 33124000-5.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: ver punto 6.5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: cincuenta e cinco mil cincocentos euros (55.500 €).

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: cincuenta e cinco mil cincocentos euros (55.500 €).

b) Importe total: sesenta e sete mil cento cincuenta e cinco euros (67.155 €).

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, se é o caso (grupo, subgrupo e categoría): non procede.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, se é o caso: ver puntos d) e e) da cláusula 6.6.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Outros requisitos específicos: non proceden.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do décimo segundo día natural contado a partir do seguinte o da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de presentación de ofertas coincide en sábado ou día inhábil na localidade establecida no punto 1.c)3. desta resolución, este prazo prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: ver punto 5.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

Dependencia: Rexistro Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

Domicilio: Edificio Santa María Nai, soto -3, rúa Ramón Puga, 56.

Localidade e código postal: Ourense, 32005.

Correo electrónico: contratacion.chou@sergas.es

d) Número previsto de empresas ás que se pretende invitar a presentar ofertas: non procede.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

f) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: ver punto 5.6.4 do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Apertura das ofertas:

a) Descrición: ver punto 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Enderezo: sala de xuntas anexa á Dirección de Recursos Económicos da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, 5ª planta do Edificio Cirúrxico, rúa Ramón Puga, 52.

c) Localidade e código postal: Ourense, 32005.

d) Data e hora: a data e hora de apertura do sobre B publicarase no perfil de contratante, www.sergas.es

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario. Ver punto 3.4 do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea:

12. Outras informacións:

Ourense, 10 de novembro de 2016

Eloína Núñez Masid
Xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras