Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 23 de novembro de 2016 Páx. 52292

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 2016 pola que se anuncia a licitación da contratación, por procedemento aberto unicriterio e trámitación ordinaria, non suxeito a regulación harmonizada e documentalmente simplificada, das obras consistentes na mellora da eficiencia enerxética do edificio de vivendas protexidas situado na rúa Salgueiriños de Abaixo 15-A e 15-B, das Cancelas-Mallou, en Santiago de Compostela, cofinanciado polo Feder no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020 (expediente C-2016/REE 01).

1. Entidade adxudicadora.

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: obras de illamento térmico polo exterior en edificación residencial, para mellora de eficiencia enerxética.

b) Prazo de execución: 4 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, documentalmente simplificado.

c) Forma: unicriterio.

4. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: cento cincuenta e seis mil seiscentos corenta e oito euros con cinco céntimos (156.648,05 €), IVE excluído.

b) IVE (21 %): trinta e dous mil oitocentos noventa e seis euros con nove céntimos (32.896,09 €).

c) Importe total: cento oitenta e nove mil cincocentos corenta e catro euros con catorce céntimos (189.544,14 €).

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído).

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo C, subgrupos 4 e 7, categoría 3.

b) Solvencia económica e financeira e técnica e profesional: as establecidas no PCAP.

7. Obtención de documentación.

– O prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP) e o prego de prescricións técnicas (PPT), polos que deberá rexerse a contratación, poderán recollerse durante o prazo de presentación de proposicións no Servizo de Contratación, na sede central do IGVS (Polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, Santiago de Compostela), e consultarse na páxina de internet:

http://www/contratosdegalicia/resultado.jsp?N=72891

– Tamén no perfil do contratante:

http://igvs.xunta.es/web/igvs/350

8. Presentación das ofertas.

As proposicións, que se axustarán ao modelo que se inclúe no correspondente PCAP, presentaranse no rexistro da sede dos servizos centrais do IGVS, antes das 14.00 horas do vixésimo sexto (26º) día natural a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax (nº 981 54 16 00) no mesmo día.

9. Posibilidade de variantes.

Non se admiten.

10. Apertura das ofertas.

O acto público de apertura do sobre B (documentación relativa a criterios avaliables mediante fórmulas) terá lugar na sede dos servizos centrais do IGVS, na data que será anunciada, con tres días hábiles de antelación á súa realización, no perfil do contratante.

11. Gasto do anuncio.

O importe dos anuncios será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2016

A presidenta do Instituto Galego da Vivenda e Solo
P.D. (Resolución do 23.6.2010)
Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo