Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 22 de novembro de 2016 Páx. 52073

III. Outras disposicións

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2016 pola que se fai pública a prórroga da encomenda de xestión de execución do servizo de información e orientación dos usuarios que acceden aos servizos centrais desta entidade pública.

A entidade Augas de Galicia dá publicidade da prórroga da encomenda de xestión do servizo de información e orientación dos usuarios que acceden aos servizos centrais desta entidade pública realizada a unha empresa pública por un prazo de execución de doce meses con previsión de prórrogas. A encomenda inicial publicouse no DOG núm. 217, do 13 de novembro de 2015, mediante a Resolución do 28 de outubro de 2015.

1. Entidade encomendante.

Organismo: Augas de Galicia.

Actuación: servizo.

Tipo de tramitación: prórroga de encomenda de xestión coa empresa Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A. como medio propio instrumental e servizo técnico do poder adxudicador.

2. Prórroga de encomenda de xestión.

Título: servizo de información e orientación dos usuarios que acceden aos servizos centrais da entidade pública empresarial Augas de Galicia.

Clave do expediente: OH.915.1105.SV.

Descrición do obxecto: os traballos inclúen actividades de colaboración e apoio de carácter auxiliar para garantir o control de acceso ao edificio público dos servizos centrais de Augas de Galicia, así como apoio de atención ao público para a súa información e no seguimento e control do normal funcionamento nas instalacións.

Orzamento: importe neto: 49.505,58 euros. Importe total: 59.901,75 euros.

Data de formalización: 31 de outubro de 2016.

Prazo de execución: doce meses, contados desde o 8 de novembro de 2016 ata o 7 de novembro de 2017.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2016

Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia