Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 22 de novembro de 2016 Páx. 52162

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 2 de novembro de 2016 pola que se notifica a imposición dunha segunda multa coercitiva, devolta polo servizo de Correos por resultar a súa destinataria ausente na repartición (expediente IU1/138/2012-B1).

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 10 de outubro de 2016, resolución pola que se impón unha segunda multa coercitiva, derivada do expediente de reposición da legalidade urbanística IU1/138/2012 como consecuencia de incumprir o ordenado nas resolucións do 3 de xuño de 2013 e do 15 de marzo de 2016, na cal se ordena a demolición dunha edificación destinada a seis vivendas, realizadas sen autorización autonómica, no lugar de San Pedro, parroquia de Veigue, no concello de Sada, por resultaren incompatibles co ordenamento urbanístico vixente.

Ao non poderse realizar a notificación persoal da resolución a Justa Dolores Rodríguez Arias, mediante esta cédula e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase á interesada a dita resolución por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado e a súa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícase á interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica se atopa ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, a interesada pode interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición se sitúe o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2016

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística