Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 22 de novembro de 2016 Páx. 52184

VI. Anuncios

b) Administración local

Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico - Inorde

ANUNCIO de licitación, polo procedemento aberto, para a contratación do servizo de redacción do proxecto de urbanización do parque empresarial de Oímbra.

No perfil do contratante da Deputación Provincial de Ourense publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación do servizo de redacción do proxecto de urbanización do parque empresarial de Oímbra (Ourense). As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do décimo quinto (15) día natural contando desde o seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no DOG, no Rexistro do Inorde ou por correo. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XIII do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no prego de condicións, ao cal se poderá acceder gratuitamente a través do perfil de contratante na web da Deputación Provincial de Ourense www.depourense.es. As solicitudes de información poderán formularse telefonicamente no número 988 31 79 30 ante a Xerencia do Inorde.

Sen prexuízo de calquera outro recurso que se considere procedente, o prego de condicións, os anuncios de licitación e os demais documentos contractuais que establezcan as condicións que teñan que rexer a licitación serán susceptibles de recurso de alzada ante a Presidencia da Deputación Provincial de Ourense, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación dos anuncios de licitación ou, de ser o caso, da última publicación (se non son simultáneos).

Ourense, 3 de novembro de 2016

Rosendo Luis Fernández Fernández
Presidente do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico-Inorde