Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 21 de novembro de 2016 Páx. 52053

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Verín

ANUNCIO de exposición pública.

O Pleno ordinario do Concello de Verín do 7 de novembro de 2016 adoptou o acordo co seguinte teor literal:

«Primeiro. Aprobar inicialmente a modificación puntual número 2 do Plan xeral de ordenación municipal redactada por EPTISA-Documento para aprobación inicial (outubro 2016); nos termos que constan no expediente.

Segundo. Abrir un período de información pública durante dous meses, mediante anuncio no taboleiro de edictos do Concello e no Diario Oficial de Galicia. Anunciarase, ademais, no xornal La Región. Durante o dito período quedará o expediente á disposición de calquera que queira examinalo para que se presenten as alegacións que se consideren pertinentes. Así mesmo, estará á disposición na sede electrónica deste Concello.

Terceiro. Remitir o expediente á persoa titular da consellería competente en materia de urbanismo para que emita informe tras realizar as consultas pertinentes».

Por conseguinte, de acordo co disposto no artigo 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese o documento ao trámite de información pública durante un prazo de dous meses que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o cal calquera persoa interesada poderá formular as alegacións ou reclamacións que considere oportunas e consultar o expediente administrativo completo no Servizo de Urbanismo do Concello de Verín e na sede electrónica do Concello.

Verín, 10 de novembro de 2016

Gerardo Seoane Fidalgo
Alcalde