Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 21 de novembro de 2016 Páx. 52021

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

EDICTO do 31 de outubro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican os requirimentos de documentación ás persoas solicitantes, interesadas en procedementos xestionados nesta xefatura territorial, relativos ao expediente 638/X/16 e tres máis.

De conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administraciones públicas, en virtude do disposto nos artigos 59.5, 61 e 71.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, intentada a notificación de requirimentos de documentación no último domicilio dos interesados, sen que esta se puidese practicar, notifícaselles ás persoas citadas no anexo para que no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao data de publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado, comparezan persoalmente ou debidamente representados na Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Política Social, no Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (avenida Salvador de Madariaga, nº 9, andar 1º, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, para ter coñecemento do contido do dito requirimento, e advírteselles que de non facelo así, se terán por notificadas cos efectos que se indican no anexo, logo de resolución que se ditará nos termos previstos no artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 31 de outubro de 2016

María Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Apelidos e nome

DNI/NIE

Nº de expediente

Concello

Documentación requirida

Efectos

Menéndez Dueñas, Silvio G.

X1058106Z

638/X/16

Ferrol

Pasaportes e libro de familia

Desistido

Muñoz López, Rocío

48700705E

359/I/16

Fisterra

Inscripción de nacemento e parentesco

Desistido

Naveiras Cerdido, Mª Estrella

32651083F

320/I/16

Neda

Libro de familia e padrón

Desistido

Villar Sanmiguel, Agustín

33201245D

408/X/16

Noia

Nóminas, fillos e renda

Desistido