Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Venres, 18 de novembro de 2016 Páx. 51502

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (178/2016).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 178/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Diego Albores Ovide contra Instalaciones Xacobeo, S.L. e o Fogasa, ditouse resolución no día da data, cuxa parte dispositiva di literalmente:

a) Declarar o executado Instalaciones Xacobeo, S.L. en situación de insolvencia total por importe de 3.981,54 euros en concepto de principal (2.968,87 euros máis 1.012,67 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 ET), máis outros 398,15 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

c) Procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

E para que sirva de notificación en legal forma a Instalaciones Xacobeo, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2016

A letrada da Administración de xustiza