Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Venres, 18 de novembro de 2016 Páx. 51498

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (652/2015).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 652/2015 por instancia de José Ramón Muíño Regueira contra Sumtec, S.L., Puertas Blindex, S.L., General Panels, S.L., Bianinver Sociedad de Inversiones, S.L., Fondo de Garantía Salarial, o administrador concursal de Sumtec, S.L., sobre despedimento, nos cales se ditou sentenza o 30.9.2016 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolución:

Estímase parcialmente a demanda de reclamación de cantidade interposta por José Ramón Muíño Regueira fronte ás empresas Sumtec, S.L., Puertas Blindex, S.L., General Panels, S.L., Bianinver Sociedad de Inversiones, S.L., Caamaño e Bianchi Sociedad de Inversiones, S.L. (desistida), o administrador concursal de Sumtec, S.L. e Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Absólvense as empresas General Panels, S.L. e Bianinver Sociedad de Inversiones, S.L. das pretensións fronte a elas exercidas.

– Condénanse solidariamente as empresas Sumtec, S.L. e Puertas Blindex, S.L. a aboar ao demandante a cantidade vinte e dous mil cincocentos cincuenta e oito euros con catorce céntimos de euro (22.558,14 euros), vinculando tales cantidades ao administrador concursal de Sumtec, S.L.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Puertas Blindex, S.L. expido e asino a presente.

A Coruña, 27 de outubro de 2016

A secretaria xudicial