Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Venres, 18 de novembro de 2016 Páx. 51933

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a licitación dun servizo de oficina técnica e un servizo de consultoría para a xestión do Plan de innovación codigo100 (expediente AB-SER1-16-040).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2º andar.

3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

4º. Teléfono: 881 54 36 35.

5º. Telefax: 881 54 27 62.

6º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es.

d) Número de expediente: AB-SER1-16-040.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de oficina técnica e un servizo de consultoría en consultas ao mercado para a xestión do Plan de innovación codigo100.

c) División por lotes e número de lotes: si/2.

d) Prazo de execución/entrega. Lote 1: desde a súa formalización ata o 15 de decembro de 2019. Lote 2: desde a súa formalización ata o 30 de novembro de 2017.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 79411000-8 e 79421200-3.

3. Tramitación, procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación:

Lote 1

Concepto

Puntuación

Criterios non valorables de forma automática (sobre B)

Proposta de funcións técnicas que se van realizar e metodoloxía de traballo

0-30

Modelo de dirección e seguimento do servizo

0-20

Criterios valorables de forma automática (sobre C)

Oferta económica

0-40

Número de horas de apoio técnico sobre o mínimo requirido por parte do director do proxecto

0-10

Lote 2

Concepto

Puntuación

Criterios non valorables de forma automática (sobre B)

Proposta de funcións técnicas que se van realizar e metodoloxía de traballo

0-25

Modelo de dirección e seguimento do servizo

0-15

Plan de identificación de oportunidades no sistema e consultas ao mercado

0-10

Criterios valorables de forma automática (sobre C)

Oferta económica

0-40

Número de horas de apoio técnico sobre o mínimo requirido por parte do director do proxecto

0-10

4. Valor estimado do contrato. Lote 1: 537.190,08 €. Lote 2: 88.429,75 €.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto. Lote 1: 537.190,08 €. Lote 2: 88.429,75 €.

Importe total. Lote 1: 650.000,00 €. Lote 2: 107.000,00 €.

6. Garantías exixidas:

Provisional (importe): non. Definitiva: 5 % do importe da adxudicación excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: ver letras e) e f) da cláusula 5.3.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 7.12.2016.

Sé o último día de presentación de solicitudes coincide en sábado ou día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Admisión de variantes: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: catro meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Dirección: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: apertura do sobre B, terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimoprimeiro día natural contado desde o día seguinte ao da finalización de presentación das ofertas. No caso que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

Apertura do sobre C, publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: si, por conta do adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 27.10.2016.

12. Outras informacións: cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, programa operativo crecemento intelixente 2014-2020, obxectivo temático 1.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2016

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos