De conformidade co disposto no artigo 78.2.a) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, exponse a información pública o expediente de delimitación do ámbito do núcleo rural de Penalba, na parroquia de Mañufe, deste termo municipal, subscrito pola arquitecta Delia Prado Figueroa e incoado por petición do concelleiro de Urbanismo.
O expediente sométese a información pública polo prazo de dous meses, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o cal se poderá examinar no Negociado de Urbanismo do Departamento Municipal de Urbanismo e Medio Ambiente das 8.30 ás 14.00 horas de oficina, e formular as alegacións e observacións que se consideren procedentes.
Gondomar, 11 de novembro de 2016
O alcalde
P.D. (Resolución do 16.9.2015)
Xosé Antonio Araújo Quintas
Concelleiro de Urbanismo, Patrimonio e Dereito á Vivenda