Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 17 de novembro de 2016 Páx. 51374

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (132/2016).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 132/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fundación Laboral de la Construcción contra Juan José Guerra Castro, se ditou o decreto cuxa parte dispositiva di literalmente:

«a) Declarar o executado Juan José Guerra Castro en situación de insolvencia total por importe de 147,25 euros de principal, máis outros 14,72 euros que se fixan provisionalmente para xuros que se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución, se no sucesivo se coñecen novos bens do executado».

Polo que, para efectos de publicidade, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2016

A letrada da Administración de xustiza