Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 17 de novembro de 2016 Páx. 51422

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 27 de outubro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-CO-0952/2016-PPM e tres máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-CO-0952/2016-PPM e tres máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar alegacións computarase desde esa publicación.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2, 5º, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

O procedemento desenvolverase de conformidade co principio de acceso permanente. Para estes efectos, en calquera momento do procedemento, a persoa interesada ten dereito a coñecer o seu estado de tramitación e a acceder e obter copias dos documentos contidos nel, ao abeiro do artigo 3.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE núm. 189, do 9 de agosto).

Sen prexuízo do anterior, a persoa interesada dispón dun prazo de 15 días para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións xulgue pertinentes e, de ser o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenda valerse, segundo o disposto no artigo 16.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

De non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo previsto no artigo 16.1 citado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución, cos efectos previstos para esta nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, de conformidade co establecido no artigo 13.2 dese real decreto.

A Coruña, 27 de outubro de 2016

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: PSC-CO-0952/2016-PPM.

Persoa interesada: Luís Antonio Vázquez Azores.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: Pesqueira, 357, Cabo de Cruz, Boiro.

Expediente: PSC-CO-1000/2016-PPM.

Persoa interesada: Jonathan Ramos Vidal.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: Pedroso, 5, 5º D, A Coruña.

Expediente: PSC-CO-1002/2016-PPM.

Persoa interesada: José Martínez Cerquides.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: Ramón Álvarez de la Braña, 8, 2º B, Noia.

Expediente: PSC-CO-1006/2016-PPM.

Persoa interesada: Fernando Javier Melero Sabugueiro.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: Beiramar, 2, 5º E, Perillo, Oleiros.