Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 17 de novembro de 2016 Páx. 51396

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 25 de outubro de 2016, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se emprazan varios interesados para seren notificados por comparecencia en materia de residuos (expediente OU-26/2016 RE e tres máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázase os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia, ao resultar infrutuosa a súa notificación.

O acto foi acordado pola instrutora. A súa eficacia queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

A comparecencia efectuarase, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, na sede da sección xurídica desta consellería, sita na rúa do Paseo, nº 18, 5º andar, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

Ourense, 25 de outubro de 2016

Victoria Núñez López
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU-26/2016 RE.

Denunciado: Iluta Nicolae Marcu.

Acto notificado: proposta de resolución.

Expediente: OU-28/2016 RE.

Denunciado: Gheorghe Cristian Amitroae.

Acto notificado: proposta de resolución.

Expediente: OU-31/2016 RE.

Denunciado: George Beldiman.

Acto notificado: Proposta de resolución.

Expediente: OU-32/2016 RE.

Denunciado: Víctor Jiménez Montoya.

Acto notificado: Proposta de resolución.