Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Mércores, 16 de novembro de 2016 Páx. 51307

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 24 de outubro de 2016 pola que se notifica o Acordo do 14 de xullo de 2016 que fixa o prezo xusto do predio 29-co, sito en Oleiros, relativo ao proxecto 01263 (expediente 2016/000243).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), modificado polo artigo 25 da Lei 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do sector público e outras medidas de reforma administrativa, e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificar mediante esta cédula a Aparanda Promociones, S.L. o Acordo do 14 de xullo de 2016 que fixa o prezo xusto do predio número 29-co, sito en Oleiros, relativo ao proxecto 01263, expediente 2016/000243, cuxos datos se relacionan no anexo.

2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación desta cédula no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. A persoa interesada, poderá tamén interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación desta cédula no TEU do BOE, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non se poderá interpoñer ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con domicilio no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

3. De conformidade co citado artigo 25 da Lei 15/2014, a eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

4. En consecuencia, para que conste e lles sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2016

Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto para o cal se expropia: 01263-modificado nº 1 Vía Ártabra. Treito 1: N-VI enlace de Meirás e variante de Oleiros. Clave: Ac/04/156.01.1-m1.

Nº de expediente: 2016/000243.

Persoa que se notifica: Aparanda Promociones, S.L.

Expropiante: CPTOPT. Servizo Provincial de Estradas da Coruña.

Expropiado: Aparanda Promociones, S.L.

Beneficiario: CPTOPT. Servizo Provincial de Estradas da Coruña.

Predio nº: 29-co.

Concello: Oleiros.

Provincia: A Coruña.

Valoración da resolución do Xurado: 11.892,30 €.