Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Mércores, 16 de novembro de 2016 Páx. 51287

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2016, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se fai público o depósito da baixa, por transformación por modificación do réxime xurídico, da Asociación Clúster da Madeira de Galicia, depositada co número 72-748-2001.

En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina de depósito de estatutos de asociacións sindicais e empresariais desta secretaría xeral se depositou a baixa, por transformación por modificación do réxime xurídico, da Asociación Clúster da Madeira de Galicia, mediante a Resolución do 10 de outubro de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2016

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego