Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Mércores, 16 de novembro de 2016 Páx. 51240

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se procede á publicación das subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 14 de xullo de 2016, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (Diario Oficial de Galicia número 142, do 28 de xullo).

De conformidade co disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, procédese á publicación das subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 14 de xullo de 2016, da Secretaría Xeral da Igualdade, con expresión da convocatoria, o programa e crédito orzamentario, a entidade beneficiaria, a contía e a finalidade.

Mediante a Resolución do 14 de xullo de 2016, da Secretaría Xeral da Igualdade, establecéronse as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2016 das axudas dirixidas as asociacións de mulleres e as súas federacións, co obxecto de fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres.

Finalidade da axuda: fortalecer e consolidar o movemento asociativo e potenciar a participación social e a calidade de vida das mulleres galegas a través das seguintes liñas:

a) Liña 1: consolidación do movemento asociativo, destinada a compensar gastos correntes que orixinen o mantemento e funcionamento das asociacións de mulleres e as súas federacións.

b) Liña 2: promoción de actuacións e actividades singularizadas en materia de igualdade, relativas á sensibilización e concienciación social, información ou formación en materia de igualdade e de prevención da violencia de xénero, ou dirixidas a potenciar e facilitar a mellora da calidade de vida e a participación das mulleres en todos os ámbitos.

Crédito orzamentario: a contía das axudas é de corenta e nove mil douscentos vinte e oito euros e cincuenta e catro céntimos (49.228,54 €), que se imputan á aplicación orzamentaria 05.11.313B.480.0, código de proxecto 2016 00020 do orzamento vixente deste departamento.

Entidades beneficiarias da subvención e importe concedido a cada unha delas: véxase anexo.

Pontevedra, 7 de novembro de 2016

Ramón Pereiro Santín
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO
Axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres (SI437A)

Subvencións concedidas ao abeiro da convocatoria de 2016.

CIF

Entidade beneficiaria

Liña

Importe concedido

G36380301

Asociación Diagnosticados Cancro Mama (Adicam)

Liña 1

3.000,00 €

G36837433

Asociación Mulleres Pedra da Vella

Liña 1

3.000,00 €

G94088549

Asociación pola Igualdade e a Coeducación

Liña 1

3.000,00 €

G36212959

Asociación Rural de Amas de Casa de Arnois

Liña 1

1.522,00 €

G36258903

Asociación Mulleres do Municipio de Silleda

Liña 1

1.790,00 €

G36222339

Asociación Mulleres Rurais, Cons. e Cult. de Codeseda

Liña 1

1.965,00 €

G36261030

Asociación Mulleres Rurais de Camanzo

Liña 1

1.969,00 €

G36250512

Asociación Mulleres o Agarimo do Deza

Liña 1

1.900,00 €

G15773013

Coord. Galega da Marcha Mundial Mulleres

Liña 1

900,00 €

G36657336

Asociación Mulleres Progresistas de Vigo

Liña 1

3.000,00 €

G36522795

Asociación Mulleres Rurais Tabeirós

Liña 1

1.385,00 €

G36454163

Asociación Mulleres Rurais de Loño

Liña 1

2.010,00 €

G36599603

Asociación Mulleres Rurais Fervenza do Castelo

Liña 1

1.880,00 €

G36462273

Asociación Mulleres Rurais Os Muíños de Curantes

Liña 1

1.611,00 €

G36451912

Asociación Mulleres Rurais A Purísima

Liña 1

1.566,00 €

G36470458

Asociación de Mulleres Rurais de Sabrexo

Liña 1

1.835,00 €

G36442291

Asociación de Mulleres Rurais de Cumeiro

Liña 1

2.055,00 €

G36362598

Asociación Mulleres Rurais de Lagartóns

Liña 1

1.430,00 €

G27718907

Asociación Nós Mesmas

Liña 1

2.000,00 €

G36730844

Asociación de Mujeres de Marinos Rosa dos Ventos

Liña 1

1.275,54

G27712306

Asociación Mulleres en Igualdade de Vigo

Liña 2

2.700,00 €

G36505451

Asociación de Mulleres Rurais Santa Cruz de Piloño

Liña 2

1.480,00 €

G36528826

Asociación Mulleres Sta. Clara de Ancorados

Liña 2

1.475,00 €

G36451904

Asociación de Mulleres Rurais A Fátima

Liña 2

1.480,00 €

G27728658

Asociación Faraxa pola Abolición da Prostitución

Liña 2

3.000,00 €