Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Mércores, 16 de novembro de 2016 Páx. 51269

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 853/2014).

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada o día 11 de outubro de 2016, no proceso seguido por instancia de María Hortas Rodríguez contra Confecciones Busto Lope, S.L., Hampton, S.A., rexistrado co número PO 853/2014, se acordou notificar a parte dispositiva do decreto do 11 de outubro de 2016, ditado no procedemento a Confecciones Busto Lope, S.L., en ignorado paradoiro:

«Parte dispositiva.

Acordo:

Aprobar a conciliación alcanzada entre as partes, nos termos expresados no antecedente de feito segundo desta resolución.

Considerar que a parte demandante desiste da demanda presentada fronte a Confecciones Busto Lope, S.L.

Suspender os actos de conciliación e xuízo previstos para o día 7 de novembro de 2016.

Únase testemuño da presente resolución ao procedemento e arquívense as actuacións.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento».

E para que sirva de notificación a Confecciones Busto Lope, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2016

A secretaria xudicial