Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 15 de novembro de 2016 Páx. 51178

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (98/2016).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 98/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mª Elena Busto Gallardo contra Distribuciones Barral, S.C., se ditou decreto con data do 22 de setembro de 2016, cuxa parte dispositiva di literalmente:

Acordo:

a) Declarar a executada Distribuciones Barral, S.C. en situación de insolvencia total por importe de 4.099,37 euros (3.062,36 euros de salarios, vac. + 1.037,01 euros do artigo 29.3) máis 409,93 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se no sucesivo se coñecen novos bens do executado.

E para que sirva para os efectos de publicidade, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2016

A letrada da Administración de xustiza