Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 15 de novembro de 2016 Páx. 51175

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1081/2013).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1081/2013, por instancia de María Vanessa Fondo Prenas contra a empresa Jadua María dos Santos e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, en que recaeu sentenza con data do 17 de outubro de 2016 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido:

Estímase a demanda interposta por María Vanessa Fondo Prenas contra a entidade Jadua María dos Santos, con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Condénase á empresa Jadua María dos Santos a aboar á demandante a cantidade de dous mil trescentos catro euros con vinte céntimos de euro (2.304,20 euros). Os conceptos salariais devindicarán o xuro moratorio do 10 %.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber contra ela non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da LRXS.

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, de ser o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e deberase anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco (5) días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social, ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Jadua María dos Santos, expido e asino este edicto.

A Coruña, 24 de outubro de 2016

A secretaria xudicial