Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 15 de novembro de 2016 Páx. 50408

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

EXTRACTO da Orde do 28 de outubro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2016 para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a organizacións de produtores pesqueiros e de asociacións de organizacións de produtores pesqueiros do sector dos produtos da pesca e da acuicultura no ámbito exclusivo da Comunidade Autónoma de Galicia, para a preparación e aplicación dos plans de produción e comercialización, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP).

BDNS (Identif.): 322011.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Beneficiarios

Poderán ser beneficiarias das subvencións as organizacións de produtores pesqueiros e as asociacións de organizacións de produtores do ámbito da comunidade autónoma de Galicia, inscritas no Rexistro de Organizacións de Produtores Pesqueiros e Asociacións de Organizacións de Produtores Pesqueiros establecido no artigo 6 do Real decreto 277/2016, do 24 de xuño.

Segundo. Finalidade

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas destinadas á preparación e aplicación dos plans de produción e comercialización das organizacións de produtores pesqueiros e das asociacións de organizacións de produtores pesqueiros no ámbito autonómico galego, segundo establece a sección IV do capítulo II do Regulamento (UE) núm. 1379/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de decembro de 2013.

Por outra banda, tamén é obxecto desta orde convocar as axudas para o ano 2016 dos plans de produción e comercialización correspondentes aos anos 2014 e 2015.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 28 de outubro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2016, para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a organizacións de produtores pesqueiros e de asociacións de organizacións de produtores pesqueiros do sector dos produtos da pesca e da acuicultura no ámbito exclusivo da Comunidade Autónoma de Galicia, para a preparación e aplicación dos plans de produción e comercialización, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP).

Cuarto. Importe

Para o ano 2016 as axudas concederanse con cargo á aplicación orzamentaria 14.02.723B.780.1 (proxecto 2016 00326) (plans de produción e comercialización) que figura dotada no proxecto de orzamento de gastos da Consellería do Mar, segundo a Lei 12/2015, de orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016, sendo o importe total máximo das subvencións que se concedan no dito exercicio orzamentario de 1.600.000 euros.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Un mes contado a partir do día seguinte á publicación da orde.

Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2016

Mª Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar