Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 15 de novembro de 2016 Páx. 51204

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 24 de outubro de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se fai pública a Resolución do 17 de outubro de 2016, de autorización de cambio de actividade de forestal a agrícola das parcelas 104 do polígono 310, e 68 e 105 do polígono 399 do termo municipal de Friol (Lugo).

En cumprimento do establecido no artigo 48 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, faise público que, de acordo co establecido no artigo 60.1.c) da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, a Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo autorizou, mediante a Resolución do 17.10.2016, o cambio de actividade de forestal a agrícola nas parcelas 104 do polígono 310, e 68 e 105 do polígono 399 do termo municipal de Friol (Lugo).

O proxecto foi sometido previamente a avaliación ambiental simplificada e o informe de impacto ambiental foi formulado con data do 14.9.2016. O anuncio foi publicado no DOG núm. 193, do 10 de outubro.

Lugo, 24 de outubro de 2016

José Ramón Losada Fernández
Xefe territorial de Lugo