Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 14 de novembro de 2016 Páx. 50295

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.

ANUNCIO polo que se convoca licitación pública para a conversión da microplanta de transferencia de residuos urbanos de Becerreá en planta de transferencia (expediente NC 0019/2016).

1. Entidade adxudicadora: Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.

Obtención de documentación e información:

Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

2. Obxecto do contrato: mixto de obra e servizo.

División por lotes: non.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os especificados nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 175.000 euros sen IVE.

5. Garantías exixidas: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

6. Presentación de ofertas:

– Data límite de presentación: o 2 de decembro de 2016, ás 13.00 horas.

– Lugar de presentación: Morzós 10 (As Encrobas), 15187 Cerceda, A Coruña.

7. Apertura de ofertas:

– Data e hora de apertura do sobre B: 14 de decembro de 2016, ás 11.00 horas.

– Lugar de apertura: Morzós 10 (As Encrobas), 15187 Cerceda, A Coruña.

8. Gastos de publicidade: o custo dos gastos de publicidade será por conta do adxudicatario.

Cerceda, 8 de novembro de 2016

Javier Domínguez Lino
Presidente da Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.