Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 14 de novembro de 2016 Páx. 50242

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 28 de outubro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan varios propietarios da zona de concentración parcelaria de Novela-Liñares-Pezobrés (Santiso-A Coruña), para seren notificados por comparecencia.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), os propietarios da zona de concentración parcelaria de Novela-Liñares-Pezobrés (Santiso-A Coruña) que se relacionan no anexo, para seren notificados por comparecencia dunha resolución que modifica o acordo de concentración da devandita zona e que lles afecta.

Así mesmo, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Os interesados poderán coñecer o contido íntegro da resolución mediante comparecencia nas dependencias desta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, no Edificio Administrativo de Servizos Múltiples de Monelos, na Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de quince días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

Contra a referida resolución, que non é definitiva na vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante a persoa titular da Consellería do Medio Rural no prazo dun mes, con independencia de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren pertinente.

A Coruña, 28 de outubro de 2016

Manuel Rodríguez Vázquez
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Acto notificado: resolución da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural do 19.5.2016.

Interesados:

José Agra Vázquez.

Celsa Miguélez Suárez.