Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 14 de novembro de 2016 Páx. 50223

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 18 de outubro de 2016, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai público o informe ambiental estratéxico do Plan especial de dotacións para tanatorio, situado en Entrambosríos, parroquia de Santalla de Esperante, concello de Lugo, promovido por Velatorios Lucenses, S.L. (expediente 2015AAE1805; código 1845/2016).

De acordo co previsto na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise público o informe ambiental estratéxico do 17 de outubro de 2016, sobre o Plan especial de dotacións para tanatorio, situado en Entrambosríos, parroquia de Santalla de Esperante, no concello de Lugo, promovido por Velatorios Lucenses, S.L.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet: http://cmaot.xunta.gal/busca-por-palabra-clave.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2016

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental